Comuscopio

O teu navegador, con outras alternativas

Instala Comuscopio en Firefox

Mentres se aproba a publicación en Mozilla, podes probar Comuscopio cunha instalación temporal en Firefox de escritorio.

Precisas Firefox 142 ou posterior en Windows, macOS ou Linux. Este procedemento non está dispoñible en Firefox para móbiles.

Catro pasos para comezar

  1. Descarga a extensión

    Garda o ficheiro ZIP nun cartafol que poidas atopar facilmente. Non precisas descomprimilo.

    Descargar para Firefox

    Versión 0.4.9

  2. Abre a pantalla de depuración

    Copia este enderezo, pégao na barra de enderezos de Firefox e preme Intro.

    Os enderezos internos do navegador ábrense pegándoos na barra de enderezos, non como unha ligazón normal.

  3. Carga o ficheiro temporalmente

    Preme «Cargar complemento temporal…» e selecciona o ZIP que acabas de descargar. Comuscopio aparecerá na lista de extensións temporais.

  4. Busca con Comuscopio

    Abre unha web e preme a icona da lupa de Comuscopio que ves debaixo. Podes fixala na barra desde o menú de extensións. Revisa o aviso do buscador antes de comezar.

    Comuscopio

Se precisas volver sobre algún paso

Non podes instalala?

Se intentas abrir o ZIP como unha descarga normal, Firefox pode rexeitalo por non estar asinado. Usa «Cargar complemento temporal…» na pantalla indicada. Non desactives a comprobación de sinaturas.

Actualizar

Descarga o ZIP novo desde esta páxina e volve cargalo como complemento temporal. Se reinicias Firefox, terás que cargalo de novo.

Desinstalar

Na pantalla de depuración, busca Comuscopio e preme «Eliminar». Firefox tamén retira as extensións temporais ao reiniciarse.

No móbil ou sen ganas de instalar?

Esta guía é para ordenadores. Podes usar o mesmo buscador desde a web, tamén no móbil, sen instalar a extensión.

Abrir o buscador